They will see us waving from such great heights...

Oíno asubiarme ao oído. Asubioume o estribillo de Such Great Heights e namoreime nun segundo. Latexábame o estómago só de pensar qué máis me podía asubiar. Se cadra tararearíame, ou mesmo cantaría... Si, algún día el podería ser o que me cantase algo de David Gray ou ata Overlap.
Sorrín tanto que se me abreu a cabeza. Pecheina rapidamente para que non se decatase de que son unha extraterrestre. Aínda non sei se lle gustan as extraterrestres azuis. E fun cara a el, cara o seu asubío, co ruído das ondas de fondo. Un camareiro no medio da nada tirou unha caña e salpicou escuma coma se fose neve. Un mineiro nunha alcantarilla fixo bailar a súa cabeza, creando co seu foco incribles xogos de luz no ceo coma se chamase a Batman. El abriu os brazos e sumerxinme de cabeza na súa aperta. Soaron vítores, aplausos e ovacións, caeron serpentinas e confeti, e unha banda de música con majorettes tocou unha canción.
El sorría tanto que, se fose un extraterrestre, abriríaselle a cabeza. Bicoume e tarareoume The New Year dentro da súa aperta. E eu si que me sentín diferente. Tanto, que non me importaba ser azul. Tanto, que me latexaron os poros e me suou o corazón. Tanto, que saquei unha polaroid chiscando un ollo. Pero non lla ensinei. Gardeina na boca ata máis tarde e logo escondinma na cabeza. Segue aí. Así ás veces míroa e oio cómo me cantaba ao oído.

5 comentarios

  1. Hay canciones que son el mejor desencadenante para sucumbir y sumergir la cabeza en un abrazo.
    Que gozada, Beluka.
    Gran beso.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa polo blog, que acabo de coñecer. E non se rinda nunca nesas arelas literarias, que de seguro han encontrar o seu destino. Saúdos cordiais.

    ResponderEliminar
  3. Lo sabía, lo sabía, lo sabia, sabía que tenias que venir de las estrella, no hay humanos en esta tierra tan sensibles como tu.

    Si ya lo sabia yoooo, ja ja ja si es que siempre acierto

    Besos terrenales

    ResponderEliminar
  4. estiven lercheando polo blog adiante e dígoche o mesmo que marcos valcarcel, seguro que atopan o seu sitio todas esas palabras que xuntas porque as xuntas moi ben :) Ah, e boas fotos e bos debuxos.

    Apertas moza :)

    ResponderEliminar
  5. encántame a banda sonora da túa vida. e encántame a túa vida.

    un saúdo!

    ResponderEliminar

Cóntame!