1. se.-


Os seus bicos ás veces eran de pedra e mancaban.
Aínda así, había a quen lle parecían de algodón de zucre.
As súas mans ás veces eran tormentas do deserto e raspaban.
Aínda así, podían parecer sabas de seda.


Eu deiteime a ollar as estrelas e ela faloulles.
Eu respirei o aire da noite na praia e ela chamou ao sol.
Cargou as pilas, eu vin como se ía enchendo dun fluído verde fluorescente,
mentres eu ardía sobre a area, colorada e suorosa.
Busquei un parasol baixo un corpo suave,
arrimeime coma se precisase unha manta.
Ás veces, o parasol era unha espiral moi profunda.
Aínda así, había a quen lle parecía unha cama morna.
Esperei a que a brisa calmase a calor da miña pel, do meu interior.
Esperei a que se desfixese a espiral do parasol para darme sombra.
Ás veces, o pensamento era un mar profundo e revolto.
Aínda así, había a quen lle apetecía un baño.


Ningún comentario

Cóntame!