Pedras no camiño

Fronte ao mar
hai un camiño que leva a todas partes
e a miña máquina es ti.

A sístole e diástole tórnase explosión
e o noso rir enxordece o Mississippi
(porque o Mississippi ten máis glamour que o Xunco,
porque de lonxe todos somos caviar).

Fronte ás pedras vellas
disparamos para atrapar imaxes
por medo a que as borre a retina
(e odio que
fronte ás pedras novas
non sexa igual).

Porque as pedras novas han ser vellas
coma nós
e liscarán ceibes da memoria,
varrendo recordos,
facéndonos crer que nunca fumos nenos
e sempre seremos calvos.


Foto: Sabela González - Covas, 2011

3 comentarios

  1. Algúns somos calvos :) , e somos nenos emocionados diante de palabras lindas e versos ben conxugados coma estes.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, náufrago :) Non hai mellor cousa que seguir sendo un neno emocionado... e esa calvicie ben sei que é para deslumbrar mesmo dende o alto ;)

    ResponderEliminar
  3. Ay belukinha no sabía que aún andabas por aquí y menos que me visitaras de vez en cuando.

    Me has hecho el tío más feliz al saber de ti. Recuerdas hace 5 años? Que mal lo pasé y mirame ahora!!!

    Besados enormes guapísima

    ResponderEliminar

Cóntame!