Fotos

Foto: Sabela - Vigo, febreiro de 2011

contigo decateime de que eu non era dixital
na era dixital
e só ti podías darme corda

sen ti, velaríanseme os carretes a escuras,
sobreexpoñeríanseme os ollos á noite

pero estas aí,
e as fotos saen máis bonitas ca nunca
mesmo en rúas difíciles
mesmo en días pintados
reveladas en papel mate de apertas

as que nos demos,
as miles que nos quedan por dar.



5 comentarios

  1. papel mate das apertas... que ben soa iso... voume dar de baixa da cámara dixital.-

    Cheguei aquí dende Meliña de Rabuñade, estou dando unha volta; e como non me gusta axexar ás agochadas, deixo un saúdo, dende A coruña

    ResponderEliminar
  2. Benvida, Zeltia! Gárdote no meu reader e lémonos!
    Apertas!

    ResponderEliminar

Cóntame!