Mecánica de fluídos


Pola mañá, o seu corpo tiña pezas que non eran súas.
Por riba, estaban mal enroscadas.

As xuntas non contiveron o café do almorzo
e foi vertendo camiño ao traballo.

Así, como Hansel e Gretel, non me perderei á volta.

Tivo que engrasar as xuntas máis veces do habitual,
sentada frente ao ordenador,
coa graseira baixo a falda.

(...)

1 comentario

  1. caray que ben describiches o meu luns...
    non me estaraas a espiar ¿non?

    apertas

    ResponderEliminar

Cóntame!