Personaxes - Bágoa de Lúa


Aquí tes unha listaxe dos personaxes que aparecen no primeiro libro, Bágoa de Lúa, por orde alfabética. Ollo! Algunhas descricións poden dar pistas sobre a trama do libro.


A


Alfhildr
Elfa xefa de Laitale, aldea dos elfos de Etlual. É a irmá de Bjarne

Arcadinio
Rei de Landereina, fillo de Argun II e Griandria. Irmán de Brinadria. Casado con Bernia de Livelam. Pai de Benergard, Berthel e Bendiargo. Custodio da Pedra de Lúa

Argun II
Casado con Griandria, é o pai de Arcadinio e Brinadria. Derrotou o usurpador Wiasmau en 1124. Fillo de Argun e Cercímone

B

Bel en neë Gwilithn Eavaer
Literalmente, "Bel, a do corazón de Lúa", deusa das amazonas

Bendiargo
 Irmán máis novo de Benergard e Berthel, fillo do rei Arcadinio e de Bernia de Livelam

Benergard
Fillo de Arcadinio e Bernia de Livelam, irmán maior de Bendiargo e Berthel. Casa con Ordandina e ten un fillo, Bogardo, que o sucederá como rei de Landereina

Berenguela
Filla de Siastia, princesa da dinastía dos Gheiroez. Medra afastada da súa nai cando aos catro anos esta a manda vivir con Cátaba e Bunm. Descobre a súa procedencia real aos catorce anos, tras a morte da súa nai

Bernia de Livelam
Muller de Arcadinio, nai de Benergard, Berthel e Bendiargo

Berthel
Fillo de Arcadinio e Bernia de Livelam, irmán mediano de Benergard e Bendiargo

Biali
Centauro novo do bosque de Etlual

Bjarne
Elfo de Laitale, irmán de Alfhildr

Bogardo
Casado con Sirbaia. Pai de Siastia e Onh, avó de Berenguela. Sucede ao seu pai, Benergard, como rei de Landereina

Breihm
Amigo da infancia de Bunm, que vive nunha cabana ao lado do muíño na ría de Urd

Breizo
Centauro do bosque de Etlual

Brinadria
Infanta, irmá de Arcadinio e filla de Argun II e Griandria

Bunm
Pescador, marido de Cátaba, pai adoptivo de Berenguela

C

Caërne
Nai de Cátaba

Cátaba
Amazona amiga de Siastia que cría a Berenguela coma a súa filla. Muller de Bunm

Ciemni
Centauro do bosque de Etlual

Cleo
Doncela do palacio de Benergard. Foi coidadora súa e de seus irmáns de pequenos

D

Dárdanos
Vello feiticeiro ao que recorre Bernia para activar a Pedra de Lúa para responder ao seu sangue. Posúe o Engaste de Dar, herdanza familiar que completa a pedra ao permitir controlar os exércitos kaihunn

Darmaam
Meiga da familia Dar ao servizo da traidora

E

Êlekva
Gran meigo que vive no claro de Ghekla. É o designado para protexer a Berenguela en caso de perigo

F

Felicia
Ferreira e armeira. Ex-amazona que vive en Sunnaüp, fabrica a primeira espada de Berenguela, regalo de Cátaba e Bunm

G

Gheiroez
Dinastía real de Landereina

Guela, Gueliña
Nome familiar de Berenguela

Güenaela
Pequena druída, filla de Güenn. Acompaña e axuda a Berenguela na súa viaxe cara a Ghekla

Güenn
Druída amazona da aldea de Gabaia, nai de Güenaela e amiga Siastia, que morre no ataque kaihunn a Gabaia

K

Kaihunn
Ogros guerreiros procedentes das montañas Kaii, límite do reino ao norte. Están ao servizo dos usurpadores de Landereina e da traidora, que os controla grazas ao Engaste de Dar

M

Maëriss
Rexedora da aldea de Gabaia e conselleira da Tríade Amazona

Mishrae da Cala do Berce
Vello veciño de Cátaba e Bunm que queda ao coidado do seu gando cando deben marchar acompañar a Berenguela e Güenaela

O

Ohn
Principe herdeiro de Landereina tras a renuncia de Siastia. Pertence á dinastía Gheiroez: é o irmán menor de Siastia e tío de Berenguela

Ordandina
Esposa de Benergard e nai de Bogardo

R

Raúl
Un dos paxes enviados por Bernia para recoller a Dárdanos na súa casa e levalo a Landereina

Roselda
Taberneira da Curuxa Tola

S

Siastia
Amazona, nai de Berenguela. É a princesa da dinastía dos Gheiroez, filla de Bogardo e Sirbaia, irmá de Onh. De nova, deserta e marcha vivir como amazona en Gabaia. Morre a mans dos kaihunn, por orde da traidora

Sirbaia
Raíña de Landereina, nai de Siastia e Onh, avoa de Berenguela

Sirvian
Autor do libro que Berenguela comeza a ler na cabana de Breihm e que este lle regala

Szaros
Xefe dos centauros de Etlual que axuda a Berenguela e Güenaela

V

Vidkaäge, Señor
Velliño que vende libros e pergamiños no feirón de Sunnaüp

Vidkaäge, Señorita
Institutriz de Benergard, Berthel e Bendiargo

W

Weytrel, Señorita
Vendedora de amuletos no feirón de Sunnaüp

Wiasmau
Feiticeiro que usurpou o trono de Landereina a Argun I durante 46 anos, tiranizando as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. É vencido por Argun II