As terras de Landereina forman un pequeno reino limitado polo mar en todo o seu contorno, agás polo norte, onde o acceso aos reinos colindantes se limita practicamente a dous pasos transitables ao leste das perigosas Montañas Kaii e ao oeste pola escarpada Cadea Sophesiw. Na súa extensión, atopan o seu fogar xentes, ananos, centauros, elfos e outras criaturas.
Estes son os lugares de Landereina:
AS TERRAS DE LANDEREINA
Svörie
Illa separada do continente polo estreito de Svörie, fronte
ao paso de Livelam. É unha illa montañosa, de neves case constantes, na cal
vive a tribo de sabios máis importante do reino. Considérase lugar de peregrinaxe,
culto e protección da sabedoría e maxia máis antigas do reino. É o lugar de
orixe da Pedra de Lúa
Tríade Amazona
Nome que recibe a coalición das tres aldeas amazonas
ubicadas no centro de Landereina: Liebaia, Gabaia e Baial
Tíítîm
Comarca dos ananos, rica en minas, pouco transitada por
humanos
Rudespielle
Pequeno bosque perigoso preto do río Uann e do Lago Siw
habitado por bestas máxicas. É terra de bandidos e violentos ladróns
Hunn
Aldea dos guerreiros Huntai, á beira do lago Loghlac
Hunn
Aldea dos guerreiros Huntai, á beira do lago Loghlac
NO BOSQUE DE ETLUAL...
Etlual
Bosque perigoso no centro do reino, case descoñecido para os
humanos e poboado por seres fantásticos e maxia, no cal se atopa o claro de
Ghekla. O río Escuro divídeo en Etlual Oeste e Etlual Leste
Lago de Etlual
Pequeno lago do centro do bosque de Etlual, formado polo río
Escuro e a carón do cal se atopa o claro de Ghekla
Río Escuro
Río que atravesa o bosque de Etlual e o divide na súa parte
leste e oeste. Forma tamén o lago de Etlual
Claro de Ghekla
Claro preto do lago que forma o río Escuro, no boque de
Etlual. Leva o nome do meigo Ghan Ghekla, quen en tempos remotos creara o claro
tras cortar todas as árbores para construír unha torre desde a que dominar o
bosque, o que foi impedido polos centauros
Laitale
Poboado élfico ao norte do claro de Ghekla, en Etlual Oeste
AS VILAS
Landereina
É o nome tamén da capital do reino, situada no extremo
leste, na costa. É unha vila grande e formada por outeiros, no curuto dun deles
álzase o castelo real
Sunnaüp
Vila de Landereina próxima á praia na que viven Cátaba e
Bunm na costa oeste
Baliput
Cidade universitaria de Landereina. Unha das máis grandes do
reino, situada na ría de Urd
Enderth do Leste
Vila ubicada ao sur do reino, entre a ría de Burnau e a de
Loga
Enderth do Sur
Vila ubicada ao suroeste de Landereina, a carón da ría de
Urd
Faro Erth
Terra onde traballou Breihm de novo e lugar de retiro da
infanta Brinadria ubicada na mesma península que a vila de Landereina, ao
remate da ría de Loga
Clamac
Pequena vila a carón do lago Loghlac
Ait Clamac
Nome que recibe a área rural ás aforas de Clamac, á beira do lago Loghlac
Porto Der
Vila mariñeira ao norte da capital do reino, un dos portos de embarque dende os que chegar a Svörie
Enderth do Sur
Pequena vila costeira ao sur de Etlual Oeste, lugar de mariñeiros e comerciantes
Ait Clamac
Nome que recibe a área rural ás aforas de Clamac, á beira do lago Loghlac
Porto Der
Vila mariñeira ao norte da capital do reino, un dos portos de embarque dende os que chegar a Svörie
Enderth do Sur
Pequena vila costeira ao sur de Etlual Oeste, lugar de mariñeiros e comerciantes
NAS FRONTEIRAS DE LANDEREINA...
Cadea Sophesiw
Montañas onde viven sabios e druídas, situadas sobre o lago
Siw, ao oeste do Canón de Irku e ao leste do Paso Chau, no límite noroeste do
reino
Kaii
Montañas de orixe dos ogros kaihunn, situadas ao norte do
reino
Irku Buhí
Pico máis alto das montañas Kaii, a carón do Canón de Irku
Livelam, paso de
Estreito chau que une Landereina con Livelam ao leste,
bordeando as montañas Kaii e fronte a Svörie.
Livelam
Reino ao nordeste de Landereina, separado desta polo chamado
Paso de Livelam, unha chaira fronte ao estreito de Svörie que permite o acceso
evitando as montañas Kaii
RÍOS E LAGOS
Lago Loghlac
Lago máis grande do reino, formado polo río Logh. Na súa
orela atópase a vila de Clamac e o poboado dos guerreiros huntai, Hunn
Lago de Etlual
Pequeno lago do centro do bosque de Etlual, formado polo río
Escuro e a carón do cal se atopa o claro de Ghekla
Río Duur
Río de Landereina, preto da aldea de Gabaia
Río Tuaur
Río de Landereina, preto da aldea de Gabaia. Pasa a chamarse
Río Escuro ao chegar á Tríade Amazona
Río Uann
Río que forma a fronteira ao oeste da aldea amazona de
Liebaia coas terras de Rudespielle
Río Logh
O río máis ao leste de Landereina, que desemboca na Ría de
Loga
Río Escuro
Río que atravesa o bosque de Etlual e o divide na súa parte
leste e oeste. Forma tamén o lago de Etlual
Ría de Urd
Desembocadura na que se unen os ríos Uann, Duur e Tuaur