O buceador

Cando espertou, deu media volta e buscouna ao seu carón. Houbo un momento de tensión, de medo, mesmo, no que non a atopou e púxose a rebuscar baixo montes de sabas e edredóns de plumas, por túneles de colchón e minas subterráneas de almofadas. A uns tres metros da superficie, deu cunha veta de neve e seda que só podía ser a súa pel. Bicouna para comprobar que era ela. Non tivo dúbida, sabía ós doces soños que lle desexara á noite.
Observou o seu corpo dende moi preto. O peito, que tantas veces lle servía de almofada, subía e baixaba ao compás de profundas respiracións, os beizos curvábanse nun estraño medio sorriso. Voou sobre ela, flotando no pesado aire da mañá e comezou a bicala polos pés, avanzando sobre o seu corpo paseniño. Ela moveuse cun lento espertar e cun sorriso máis profundo. El somerxiuse nela sen escafandra e buscou cóxegas e peixes de cores.
Detrás dun peixe paiaso albiscou o que semellaba unha sala de cabaret. Cando o peixe se apartou de diante súa, asustado, el seguiu avanzando pola húmida bóveda ata as mesas redondas e en penumbra que se erguían na superficie, coma se flotasen. Sacou o seu corpo espido e quente do líquido e mirou ao seu redor. As lámpadas de pé das mesas alumáronse de súpeto creando unha tenue atmósfera amarelenta e, á fronte, na escea, un potente foco iluminouna.
Ela estaba de pé, sorrinte, coas mans apoiadas nas cadeiras, levemente cubertas por un axustado corsé negro, mirando para el, o seu único espectador, con ollos sensuais.
O espectador permaneceu inmóbil mentres de fondo comezaba a soar unha suxestiva melodía de jazz. Ela moveuse pola escea, contoneándose, erguendo no aire as brancas pernas envoltas en lycra negra, convidándoo con cada xesto e ofrecéndose a el en cada ollada.
El sentiu cómo un látigo o agarraba polo pescozo e tiraba del cara á escea, cara a ela, ata verse baixo o foco de luz deitado, coas mans atadas tras a cabeza. Ela riu fronte a el, o seu prisioneiro, ata afogar o riso nun xemido que lle endureceu os peitos.
El mirábaa en silencio. Paseniño, ela achegóuselle e axeonllouse sobre el, sentindo a súa excitación entre as nádegas e recorreuno coa lingua, bicando e lambendo o seu peito, o ventre; nos oídos só sentía a súa respiración apaixoada, os xemidos ao abranguir os beizos o seu cálido sexo, as queixas cando paraba para que lle pedira máis.
Sen deixar de agarimar o seu corpo coas pernas, ela quitou a modiño as poucas prendas que levaba, permitindo que o tocase toda a súa pel, achegándolle os peitos aos beizos e xemindo ao seu oído.
Baixo a nívea pel que se lle ofrecía, el pechou os ollos e, ao abrilos de novo, descubriu o xa esquecido edredón tras ela.
A escea de cabaret tornárase cama de novo e semellaba que ela dera chegado á superficie canda el, sobre el. Penetrouna profundamente, a modo primeiro, máis rápido despois, e ela deixou escapar todo o alento que tiña no seu pescozo. Remataron nunha aperta luminosa e forte. Ela regaloulle un sorriso e un agarimo xunto cun frasquiño dela para que non a esquecera. El deulle un xardín e un ventanal e un furadiño para velo cando estivese lonxe.
Alongáronselles os brazos e a aperta deulles catorce voltas e media, fíxose tan pesada que se afundiron de novo ata perdérense mil veces máis nunha cova de plumón que ao fondo da bóveda ten un salón de cabaret.

4 comentarios

  1. Que relato!!! precioso!!! aunque las escenas de sexo, la proxima vez me las salto, porque brrrrrrrrrrrrrr ja j aja.
    (y eso que no lo pilo todo ja ja ja)

    un beso cariñoso

    ResponderEliminar
  2. dioss que descripcións. É increible como a imaxinación dunha pode voar tanto, noraboa!

    bikiños.

    ResponderEliminar
  3. É a miña primeira entrada neste "Café das letras" mais que agradable me resultou tanto o descubrimento coma ler todo o que aquí hai.

    Unha aperta grande.
    :)

    ResponderEliminar
  4. Precioso! Aproveito para mandarche unha forte aperta, virei máis por aqui.
    Ana Bande (Biblioteca FFt)

    ResponderEliminar

Cóntame!