Velaquí a última entrega das fotos da nosa viaxe:
A última parada en Italia da lúa de mel, despois de Florencia, foi Venecia.
Collimos tamén un tren e chegamos á illa polo que chaman a Via Libertà: unha ponte longuísima que só é carrís para coches e a vía do tren... ver ás gaivotas voar sobre o tren era un momentazo-zelda-spirit-tracks tremendo.
Frikismos aparte, chegar á cidade e cambiar as rúas con coches por canais con lanchas de góndolas fai que escape un sorriso. Ademais, en outono, parece que a cidade é ben máis agradable, aínda que a marea estea alta grande parte do tempo (e, en consecuencia, algunhas partes anegadas). Faise de noite cedo e a iluminación non é moi abundante, pero esta vila ben merece uns bos paseos.
Para min foi máis que inspiradora, coa súa atmósfera grisenta, coma Santiago na choiva, coas súas curiosidades coma tiradas dun conto e esa sensación de irrealidade. Ata o último día, o clima acompañounos e, malia o frescor do outono que xa se deixaba notar, disfrutamos de cada minuto da viaxe.
Florencia
11 de decembro de 2013
E sigo coas fotos da viaxe! Xa sei que os contidos do blog están frivolizándose (que tampouco me quita o sono, se vos digo a verdade), pero haivos moito choio e sei duns cantos que prefiren que colgue fotos a esgalla pero que lle dea duro a iso de escribir :) En fin, sigo contando:
Na nosa lúa de mel, despois de visitar Roma, collimos un tren á belísima Florencia, onde pasamos dúas noites.
A cidade en si é preciosa, os monumentos están por todas partes e só camiñar pola zona do río xa é un pracer. O máis impresionante: a catedral. Para entrar nela hai que facer una cola de mil demos, e como o tempo non sobraba, tivemos que deixar pasar a oportunidade. Iso si, dende fóra, xa deixa a mandíbula frouxa!
Velaquí tedes unhas cantas fotos (si, estoume aficionando aos filtros, que lle vou facer). Espero que vos gusten!

Categorías:
arquivo,
fotos,
gramática,
mes en fotos,
viaxes
O procurador de OVNIs
2 de decembro de 2013
Xa está na rúa a Dot:52 e nela unha nova ilustración miña e un novo texto de Sergio (que ten un blog tamén, botádelle un ollo!).
Desta volta a idea foi sinxela de captar e imaxinar, pero o habitual formato horizontal toleoume uns cantos días. Ao final, decidín ceder ao que se reflectía nos meus miolos e tirar ao vertical, estreitiño, para que coubera o texto.
Roma
27 de novembro de 2013
A nosa lúa de mel comezou mooooi cedo. A viaxe polo menos. O martes erguímonos ás 4:30 da mañá, puxemos as farolas e subimos ao aeroporto. Primeira parada no aeroporto de Barajas (que agora é un centro comercial pero coa comida carísima, parece ser) e seguinte voo ás 11:55 cara a Roma.
Serei sincera e direi que, aínda que me gustou moito, me decepcionou un pouco. Se cadra puxera a cidade nun pedestal na miña cabeza, se cadra era mala época, pero o ruído, as masas de xente e esas cousas non son o meu.
Foron tres noites e dous días e medio de moito (moito, moito) camiñar, así que cundeu e disfrutámolo. Si, a pesar do ruído e da xente. Porque unha lúa de mel é para disfrutar, faltaría máis.
Por certo, entrei en modo friki e tirei algunhas fotos panorámicas e esféricas co móbil. Podedes velas neste enlace.

Outubro en fotos
22 de novembro de 2013
Chamarlle "outubro en fotos" se cadra é moito chamarlle... Porque outubro, como xa sabedes, tívome ocupadiña ultimando detalles para iso de casar, e non hai fotos do mes agás polas do "evento". Cris xa contou a súa crónica no seu blog de moda (grazas!), e eu algo da viaxe deixei caer por twitter. Pero bueno, para rememorar un día precioso (non só climatoloxicamente) e por aquelo de ter outro momento selfie, como din pola rede, aí van un par de instantáneas.
As fotos da viaxe déixoas para próximas entregas que, co voso permiso, virán pouco a pouco, segundo me vaia permitindo escaquearme o meu proxectiño... que xa está ben de tomalo con calma!
Categorías:
arquivo,
fotos,
gramática,
mes en fotos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)