Data para a presentación de Sangue de Lúa + Entrevista no ZigZag Diario


Paso máis dun mes sen novas (ou sen tempo, pero iso é outra historia...) e agora acumúlaseme o choio. Por que? Porque non só se achega a presentación de Sangue de Lúa senón que vén de se emitir unha entrevista que fixen para o ZigZag Diario.

Chapitas frescassss!

A presentación! Pois vai ser o venres 24 de marzo na libraría Librouro de Vigo. Será ás 20:00 horas e acompañarame Carlos Lema por parte da Editorial Galaxia. Ah! E preparei unhas chapiñas para repartir entre os asistentes, a ver se vos gustan :)

A entrevista podédela ver neste enlace. Nela falo un pouco máis de como naceu Landereina e podedes ver o meu recuncho favorito da casa (e, de pasada, a estantería coa miña colección de harrypotters).

A semana que vén dareivos máis a brasa para que non esquezades vir á presentación. Boa finde e feliz San Paddy! :)


Ningún comentario

Cóntame!