Por primeira vez nuns 6 ou 7 anos vinme na obriga de repetir unha ilustración para a
Dot. O tempo pasa a un ritmo distinto e errático durante o comezo da maternidade, parece ser, e aínda teño que aprender a atrapalo e manexalo.
Esta é a ilustración que escollín para repetir. É unha das miñas favoritas. No seu momento acompañou un texto de Sergio e o orixinal regaleillo hai uns anos polo seu aniversario.
Desta volta, vai na revista acompañada do
mesmo texto* que eu lle escribín para este meu blog.
Podes
ver o texto aquí e podes
ler a Dot:71 enteira aquí.
*Por desgraza, cun erro e unha errata na tradución a castelán, culpa destas présas miñas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Cóntame!