Novos videos e fotos na web da AELG


Este mes contactaron comigo dende a AELG (a asociación de escritores/as en lingua galega, á que pertenzo) para ampliar a miña ficha do seu centro de documentación con fotos e videos.

A verdade é que quedaron bastante ben e veño de aproveitalos para actualizar os medios desta miña páxina.


Nos videos conto (breve e rápido, sonvos así...) de onde me vén isto de escribir. Tamén hai 2 lecturas de fragmentos, un de Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, e outro do meu propio Feitizo de Sangue. Espero que vos gusten!

Neste enlace podes ver a páxina de bio desta web, nestoutro a fototeca da AELG e aquí a súa videoteca.

P.D.- Sip, hai unha panzocha rara neses videos... :D


Ningún comentario

Cóntame!