Sangue de Lúa xa ten portada


Falta pouco para decembro. Poida que vos pareza que non, pero é que queda menos de mes e medio para que comece... E iso, claramente, é pouco. Teño os días ata decembro ben contados por varios motivos e un deles é porque é o mes no que sairá á rúa o final das Crónicas de Landereina.

Clica na imaxe para vela en grande
O manuscrito xa está dourándose, re-revisándose e maquetándose e por fin poido adiantarvos a portada que creamos para esta ocasión.

Como moitos e moitas xa supuñan, neste volume a cor de fondo é avermellada e no texto e no brasón volvemos ao ouro da primeira entrega.

Estou especialmente orgullosa do brasón, que é a parte que fago eu para portada que se elabora en Galaxia. Fíxeno con photoshop, un debuxo coa miña man e grazas aos marabillosos titoriais que circulan pola rede. Unha vez máis, é un símbolo do fío central do argumento da novela.

Que vos parece? Gústavos? Xa vos irei contando máis novidades segundo se achegue a data. Mi madriña, que meses de nervios! :)



Ningún comentario

Cóntame!