Un empurrón


O efecto da foto é vintage, a parede non é así. Pero como demore máis en rematar esta triloxía miña, poida que me quede o corcho vintage de seu.

Quero liberar ese corcho e poñer novas ideas nel. Quero darlle un bo empurrón ao texto e intentar chegar á miña (nova) data de entrega (imposta pola xefa máis dura que teño: eu mesma).

E cóntovos todo isto para que me perdoedes unha pequena ausencia. É que non dou para todo, de verdade que non. E para Sangue de Lúa teño que dar. Xa vos dixen que o meu propósito deste ano é facer o que me faga feliz. Si, este blog faime moi feliz, pero quero facelo ben. Quero traervos novos consellos e ideas para escribir e só poderei facelo tranquila co meu traballo madurado.

Dádeme un mesiño ou así. Seguídeme en facebook e twitter e así non nos distanciaremos tanto. Coidádevos. Eu prometo avisar da miña volta ;)

Ningún comentario

Cóntame!