Un premio!

Sabédelo de sobra pola turra que vos din o venres, pero gústame deixar constancia destas cousas polo blog, coma se isto fose o meu arquivo histórico de novas molonas.

Así que vos lembro que o venres fun a Santiago, acompañada do meu Flaco e do meu señor editor, ao Colexio La Salle, onde recibín o premio Frei Martín Sarmiento na 5ª categoría (3º e 4º da ESO) por Bágoa de Lúa.




Este é un premio especialmente bonito, non só por ser o primeiro que gaño, que tamén, pero porque o recoñecemento é aínda máis significativo, pola súa sinceridade, cando vén dos propios rapaces e rapazas.





Todo o que vos diga do contenta que estou é repetirse, pero non deixa de ser verdade. E dá moitas, pero moitas ganiñas de seguir escribindo con ben de ilusión.

:)

Ningún comentario

Cóntame!