Xa chegou Feitizo de Sangue!


A miña caixiña emocionante con exemplares aínda non a teño, pero a segunda parte de As Crónicas de Landereina, Feitizo de Sangue, xa saíu da imprenta e vai voando ás librarías (ou en furgoneta, pero vai).

Na sección de libros deste blog xa engadín a referencia e moi pronto (douvos uns días para lelo sen spoilers) poñerei a listaxe dos novos nomes. E postos ás novidades, tamén subín unha foto miña para a sección da bio. Realmente son unha pailana soa, non tres, pero con tantas fotos molonas como me quitou miña irmá algo había que facer.

E si, estou emocionadérrima. E si, contareivos máis cousas moi pronto!

Ningún comentario

Cóntame!