Landereineando non-stop (I)

O título é por resumir. Pero é verdade. Se é que landereinear é unha palabra, cousa que dubido pero que, tal día como hoxe, me importa pouco. Ala!

O caso é que o martes, como xa vos contara, presentei en Vigo Feitizo de Sangue, o segundo volume de As Crónicas de LandereinaO acto tivo lugar en Librouro (que seica está de aniversario, parabéns!), onde nos acolleron co agarimo que, penso eu, só queda nas librarías de verdade.

Foto: Librouro - Si, estou despeinada. Cousas do directo.
Foto: Librouro - Posando con Francisco Castro para La Voz
Foto: Librouro - Miña irmá di que non defraudo, no canto de chamarme parva, quero dicir
Como vedes, estiven acompañada de Francisco Castro, como editor de Galaxia, que falou desta aventura que é facer libros e aturar a escritoras de fantasía coma min. Eu prepareime unhas notiñas e falei deste novo libro e tamén de escribir. Porque escribir, cando un o necesita, non é só contar historias, senón facer terapia.

Faltoume xente entre o público. Houbo quen estaba moi lonxe e houbo quen estaba só un pouco lonxe, pero todos e todas me mandaron azos, bicos, e apertas. Por iso, estiveron comigo neste evento. E por iso, gravei todo en vídeo. Para parellas, pais, familia, amigas e amigos. E se vós tamén queredes botarlle un ollo, velaquí o tedes.

Ningún comentario

Cóntame!