Bágoa de Lúa no Colexio Apóstol Santiago de Vigo

Hai semanas con poucas novas e hainas con moitas!

O martes non só foi o día da publicación do meu segundo libro (2 libros! Mimá!), senón que tamén foi unha xornada de visita a un centro para falar de Bágoa de Lúa.
Estiven no Colexio Apóstol Santiago de Vigo, e moi ben acompañada. Foi a primeira vez que falei para tanta xente (e penso que se me notou, se cadra me atorei máis do habitual, hehe) e desde o alto dunha escea. Non estou feita eu para as alturas.
Tiven a ocasión de amosarlles en primicia Feitizo de Sangue, fixemos unha entrevistiña e mesmo asinei algún libro.

A semana que vén (botade un ollo aquí) asinarei nun libro novo cun selo novo. Xa teño a tinta verde. E vós, tedes un exemplar de Feitizo de Sangue? Pois xa logo xuntamos átomos.






Ningún comentario

Cóntame!