Roendo as uñas



Así estou. Case sen padrastros, sequera.

Porque xa hai portada para o segundo volume das Crónicas de Landereina.

Porque a finais desta semana non será só unha imaxe nunha pantalla, senón que terá un libro dentro.

Porque vai chegar en caixiñas con marabilloso cheiro a papel impreso ao almacén de Galaxia.

E porque de aí vai ir para as librarías. E, por suposto, para as vosas mans.

Uñas non quedarán, pero novidades a piques de chegar para vos ir informando, vaia se hai.

Ningún comentario

Cóntame!