Manuscrito (II) en Caderno da Crítica

En novembro de 2013, Ramón Nicolás incluía no seu blog, Caderno da Crítica, no apartado de manuscritos, uns debuxos meus sobre o conto de Ela e a lúa. Agora volve incluírme con algún garabato máis e notas de Landereina tiradas dos meus cadernos. Podedes ver a entrada aquí, con notas na miña letra, en dúas fases moi distintas do proceso, ademais dun dos primeiros, se non o primeiro, mapa de Landereina, cando aínda se chamaba Gheiroez (este de aquí embaixo).
Moi agradecida a Ramón! E con moitas ganiñas de contarvos pronto novas sobre a segunda parte das Crónicas!


Ningún comentario

Cóntame!