Finalista!


Isto é o que ten coller vacacións en setembro... Que non me entero nin de cando o meu libro é finalista dun premio!

E resulta que (grazas, Ledi, por avisarme!) Bágoa de Lúa é finalista ao premio literario Frei Martín Sarmiento, xunta Dragal III de Elena Gallego.

A nova publicouse no blog do premio o pasado 3 de setembro (chego tarde de caraiii).

Así que a xentiña de 3º e 4º da ESO terá que decidir cal lles gustou máis dentro duns meses.

Unha boa nova para estrear ben o blog :) E para esperar con máis ganiñas que Feitizo de Sangue saia do forno!

2 comentarios

Cóntame!