Na neve porque si. Porque me apetece a min.
Ou porque eu quería facer un mapache pero nos bosquexos a cousa non me convenceu. A verdade é que teño certa debilidade cos raposos (decorativos, sobre todo, sirva de exemplo:
1,
2,
3,
4) e despois de pensar en cambiar ao raposo veume á cabeza
esta canción e non houbo volta atrás.
O fondo recórdame ao xelado de menta (cousa boa). Penso que quedaría xenial cun marco negro lisiño.
Os raposos están feitos cun selo de goma vinílica (xa vos amosara
aquí e
aquí canto me gustou o descubrimento desa manualidade) e pintura acrílica. Están postos ao chou porque, despois de facer moitos números, me guiei pola técnica do "que carallo". E un deles, só un, está na neve.
Hola!! tu blog está genial, me encantaria afiliarlo en mis sitios webs y por mi parte te pediría un enlace hacia mis web y asi beneficiarnos ambos con mas visitas.
ResponderEliminarme respondes a emitacat@gmail.com
besoss!!
Emilia
Moi chulos, os teus raposos... a min tamén me prestan os selos...
ResponderEliminarGrazas, Silvia! :)
Eliminar